C@urel Vivo denuncia escorrentías de ceniza en el mayor incendio de Galicia, «sen que ninguen interveña»

871
0
Compartir
Publicidad

Desde a agrupación municipal de C@urel Vivo vemos como durante a extinción do maior lume de Galicia, os medios foron escasos e chegaron tarde. O que se sumou á falta de organización por parte da Conselleria de Medio Rural. Fai un ano que lle solicitabamos en pleno ó Concello que pedise á Xunta  máis medios de prevención para o Courel e mellorar pistas e pozos de auga; non nos fixeron caso votando contra os intereses de toda a veciñanza.

Logo dun mes a Xunta de Galicia segue sen facer nada para protexer as ladeiras e as aldeas do C@urel. Seguen vendendo fume e prometendo axudas que moitas quedarán no camiño, poñendo tantas trabas para acceder a elas. A xornada do Martes e Mércores, toneladas de cinzas e terra baixa polas nosas ladeiras cara as casas e os ríos sen que as administracións tivesen feito nada, tras un mes do lume; máis que anuncios e fotos de políticos pola zona.

Dende CV preguntámonos para que queremos ás administracións tan incompetentes e para que lles estamos a pagar os soldos?.., señala el concejal-portavoz de C@urel Vivo, Óscar Carrete Lage