Compartir
Publicidad

La CIG Saúde viene de enviar un comunicado a los medios de comunicación a través del que contesta a las declaraciones efectuadas hace unos días por el Gerente del Hospital de Monforte.

«En primeiro lugar temos que decir que os traballadores do hospital non están tranquilos como vostede di. E non o están polas condicións nas que se atopan traballando.

Hai escaseza de material tanto en urxencias como nas plantas e no resto de servizos. A nós parécenos moi ben non alarmar a poboación, pero non nos parece normal que nos tome por tontos.

Hai moítisima xente deixándose a pel traballando nunhas condicións inhumanas por falta de material. Non se pode traballar con posibles doentes co virus e sen o material de protección adecuado. E por se esto fora pouco estanse a dar ordes contradictorias, un día din unha cousa e o seguinte a contraria. Esiximos protocolos claros de actuación .

Xa que din que hai material suficiente, lembrarlle que as traballadoras de especialidaes tivéronse que buscarse a vida e falar con empresas monfortinas para poder ter mascarillas FP2 xa que o hospital non llas facilitaba. En urxencias e raios os traballadores fixeron máscaras de protección e teñen que levar traxes e gafas reutilizadas. Dende logo se teñen material é un delito que non llo estén facilitando aos traballadores para evitar contaxios. Lembramos que son os que atenden a poboación, se nalgún momento se produce un contaxio masivo entre eles a situación pódese complicar moitísimo.

Con respecto a situación de medicina preventiva denunciar que a médica de traballo leva máis de dous meses de baixa sen cubrir, como pasa sempre neste hospital. Esta persoa sería a encargada de velar pola saúde dos traballadores.

Con respecto o tema de UCI, decir que aquí non temos. O que temos é unha REA adaptada con cinco camas que cando sexa o pico máis grande, moito tememos que vai ser insuficiente.

Aqui compre decir que a este hospital se lle prometeu contar cunha UCI que nunca chegou. Nós témola reclamado ben veces.

Sr. Director por parte do persoal xa ve que hai dispoñibilidade total, máis da que merecen debido o comportamento dende dirección cos traballadores do hospital. Hai no estado máis de 5000 sanitarios infectados.

Por outra banda tamén queremos denunciar a situación na que se atopa o PAC. Cando se fixo o plan de continxencia, fíxose un dobre circuítom PAC-Urxencias. E lamentable ver que nalgunhas zonas a única separación que hai é un plástico.

Asi mesmo, a sala onde está ubicado o persoal non reúne as condicións mínimas. Case non é posible gardar as distancias de seguridade recomendadas e os boxes onde se atenden aos doentes igual. So hai dous e fanse escasos. Xa que hai dous médicos e dous enfermeiros e necesitan polo menos outro box.

Por todo elo os traballadores do PAC piden que se reubique o PAC noutro sitio. Os traballadores deste servizo tamén se están a queixar de que non lles facilitan o material adecuado para exercer o seu traballo con garantías.

Compran vostedes con persoal dotándonos do material necesario para limitar esta pandemía !Coida aquen te Coida!»