Compartir
Publicidad

Dende aPlataforma de Afectados polas Estradas Provinciais en Carballedo non podemos obviar o denigrante e bochornoso espectáculo ao que asistimos atónitos onte no pleno da Deputación de Lugo -acompañan un vídeo del Pleno virtual, recomendando especialmente visualizarlo desde el minuto 3,15:00 al 3,28:20

Resúltanos simplemente vergoñoso e denigrante -continua el comunicado- que, na sede dunha administración formada por representantes dos ciudadáns, teñamos que asistir a un show dese calibre no que se insinuaron montaxes, conspiracións e se fixeron descalificacións no canto de dar, o que se lle presupón a unha administración, unha resposta a un rogo de maneira seria, respetuosa e precisa que busque dar solución a un problema que pode chegar a carrexar danos irreparables como vimos aseverando e advertindo desde hai xa un tempo .

Para non xogar o descoido, facemoslle saber que a fochanca que ocasionou o desafortunado incidente do autobús escolar é importante, non por sair na prensa, senón por ser unha realidade palpable ao longo de todos os quilómetros que suman as estradas nas que pedimos se aúnen esforzos para o seu arranxo para poder evitar situacións así ou mais dramaticas nun futuro .

Noutro orde de cousas, ao noso entender, non debería haber discusións sobre o tamaño da fochanca, nin sobre a señalización da mesma (que por certo estaba sin señalizar), nin tampouco se o conductor actuou deliberadamente (insinuación totalmente desatinada), nin sequera sobre os conductos de abastecemento de auga, existentes desde fai 40 anos, ao pobo de Castro. A súa resposta o rogo presentado pola oposición debería versar, única e exclusivamente, sobre un problema con magnitude e importacia suficiente como para darlle unha solución coa maior celeridade posible evitando, deste xeito, que nun futuro poidan producirse situacións que supoñan un menoscabo á integridade física dos cidadans representados por esa institución .

Para rematar, «queremos afear o seu mal costume de defenderse atacando» e, para eso, non estaría de maís empezase a cumprir dunha forma firme coas súas obrigas. Da mesma maneira, debería cesar xa nas súas insunuacións constantes de manipulación política e, aínda a pesar de resultar pousados, non imos permitir que se poña en dúbida constantemente a nosa indepencia polo simple feito de que a vostede resúltelle práctico o seu uso como arma arreboladiza .

Reiteramonos, por tanto, que esta plataforma está formada por 5 asocacións veciñais e, en todas e cada unha delas, rexe o principio de pluralismo político e, Señor Presidente, «non por repetir vostede de forma reiterada e continuada unha mentira esta vaise converter en verdade», remata el comunicado.

(«Si una mentira se repite lo suficiente, acaba por convertirse en verdad», esta era una de las máximas del padre de la propaganda Nazi, un tal Paul Joseph Goebbels, al igual que lo era «Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque» o «Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan». Un manual con 11 principios que está más vigente que nunca entre nuestra clase política actual.