Las/os niñas/os de O Courel preguntan, las/os políticas/os responden

1724
0
Compartir
Publicidad

Las/os niñas/os del CPI Poeta Uxio Novoreira de O Courel, realizaron una entrevista a todas/os las/os candidatas/os a presidir el ayuntamiento de Folgoso do Courel, para incorporar sus once preguntas y sus once respuestas a un cuestionario denominado: Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel?, dentro del epígrafe; Entrevistas para @s Polític@s. Hoy reproducimos la realizada al candidato a la alcaldía por C@urel Vigo, Óscar Carrete Lage, -en la imagen- ‘pateando’ las montañas de O Courel.

Pregunta: Que proposta tedes por aumentar os postos de traballo no Courel e diminuir o desemprego?

Respuesta: No Courel débese impulsar o turismo de calidade, pero sobre todo revivir o sector primario, no cal temos moitas posibilidades e non as estamos a aproveitar. Castañas, carne en extensivo, agricultura ecolóxica, madeira de calidade, cogomelos, etc.. Poderíanos axudar a unha vida digna na nosa terra.

Pregunta: Que debe facer o Concello para dar facilidades ós autónomos e PYMES?

Respuesta: Potenciar o asentamento de empresas, con servizos comunitarios como o internet (o cal podería dotar o Concello dunha rede de internet, a moi baixo custo), axudar co ‘papeleo’ e axudas fiscais que serviría para que unha PYME ou autónomo, decidise emprender ou trasladarse aquí.

Pregunta: Que facilidades debe dar a administración para que se asente xente no Courel?

Respuesta: O Concello, coa axuda doutras administración, debe dotar as aldeas, de servizos equiparables ós da cidade. A maiores, para que decida ruralizarse máis xente, debería haber unha aposta forte das administracións, con máis postos verdes e potenciar o autoemprego, o autoconsumo e outros valores, que desgrazadamente, hoxe están en desuso.

Pregunta: Cales son as vosas prioridades á hora de gobernar?

Respuesta: O asentamento de xente moza en paralelo ca atención os nosos maiores debería ser a prioridade. Para a primeira liña, axudaría un Parque natural que trouxese máis investimentos, e ó mesmo tempo respectase os nosos usos e costumes. Se chegamos a gobernar, dende C@urel Vivo, loitaremos por potenciar o sector primario. Crieime nunha familia de labregos, os fins de semana, sigo atendendo o gando e creo que deberíamos apostar claramente por cooperativizar explotacións tanto de gando como de soutos, para facelos rendibles.

Pregunta: Que pensas que debería facer a administración polo rural e pola montaña en concreto?

Respuesta: Este mesmo mes, tiven a oportunidade de intervir no Parlamento europeo en Bruxelas, e falamos sobre este tema. A montaña deberíase mimar desde as administracións. Antes de nada o que debería facer e saír e despregar os seus técnicos polo territorio e escoitar en cada terreo o que fai falla. Eliminar tramites burocráticos, potenciar cooperativas, potenciar turismo activo nelo (Cantabria é un exemplo), potenciar marcas de calidade para os nosos produtos (como teríamos co Parque Natural)…

Pregunta: Por que non vives no Courel?

Respuesta: Non vivo no Courel, porque a miña profesión de informático non mo permitía cando comecei a traballar nela. Aínda hoxe é difícil traballar desde a casa, debido ás malas redes cas que contamos. Se tivese a oportunidade de emprender ou traballar no Courel, non o dubidaría .

Pregunta: Volverás vivir aquí?

Respuesta: Non o dubido. Tarde ou cedo, volverei para Teixeira. Non vivo no rural pola semana, pero cando veño a aldea na que nacín, síntome pleno. Todos os que nacemos no Courel, debe-ríamos loitar para podernos quedar aquí, e vivir dignamente. Se a xente decide confiar en nós para gobernar o Concello, non tardarei 3 meses en mudarme ó Courel.

Pregunta: Que servizos botas en falta no Courel?

Respuesta: Co voso permiso, vou dicir que servizo temos bo, no Courel. A educación pública é de luxo -sin duda, se nota en las preguntas-. Interactuar co medio que nos rodea, cuns profesionais da educación como eses profes, nun sitio como o Courel, non ten prezo. Os que boto de menos son os que xa todos sabedes, sanidade de calidade, estradas con quitamedos, residencia de anciáns, máis actividades lúdicas, mellor cobertura móbil e 4G…

Pregunta: Para cando unha senda todo ó longo do río Lor (ou polo menos dende Ponte dos Sudríos ata Froxán? E unha piscina climatizada?

Respuesta: Sempre dixen que no Courel, vivíamos de costas para o río. Debémolo poñer en valor en moitos sentidos, tamén cunha senda verde.. eu diría desde a Ferrería ata Froxán. Tería que se implicar tamen a Confederación Hidrografica que é quen ten as competencias dos ríos e da súa zona da contorna. Respecto a segunda, sinto dicirvos que, penso que non é viable unha piscina climatizada no Courel. Hai unha privada, no Mazo, e igual facendo un convenio para que a xente do Courel puidese usala uns días á semana, sería máis factible.

Pregunta: En que debería invertir a administración para mellorar O Courel?

Respuesta: Sendo prácticos, debería investir en recuperar os nosos Soutos (non en xeolocalizalos, senón sanealos e mellorar o produto, con demoucas, enxertas…etc). Igual que fixeron coas Viñas na Ribeira Sacra, que a profesionalizaron e melloraron a variedade, facéndoas rendibles.

Onde queda gando, como na miña aldea, Teixeira, aínda quedan preto de 250 vacas. Pero topámonos que non se poden ter en extensivo porque hai minifundismo. Neses casos hai que facer parcelamentos, respectando o medio ambiente pero facendo das parcelas a que se podan mecanizar, máis grandes.

E outra cousa que administración debería facer e investir en rehabilitar esas casas que fixeron con tanto traballiño, os nosos antepasados e algunhas, se caen a pedazos. Deberían investir nas nosas aldeas, e pouco a pouco ir restaurando como Froxan ou Seceda.

Pregunta: Que tería que ofrecer O Courel para que viñera xente aquí?

Respuesta: O Courel xa ofrece moito. En turismo, véndese solo. É como un diamante sen pulir. Temos que saber sacarlle rendemento, en tódolos sectores nos que falamos.

A xente, cando decide emprender noutro sitio, o traballo e os servizos van da man. Debe ofrecer as dúas cousas. Os políticos, debemos servir para promover e promocionar eso. En traballos públicos, con atención ós nosos maiores (tamén o fin de semana, que agora non se lles atende) e con traballos ‘verdes’, axeitando os nosos camiños e rutas.

Un exemplo témolo a miles de kms, nunha zona que se parece moito a nosa realidade. Yusuhara (Xapón) é un lugar que se estaba deshabitando e agora e un lugar de moda no Xapon, onde a xente se ruraliza e as empresas, se mudan a esa zona. Non é sinxelo, pero con dedicación e traballo podemos mellorar o noso Concello.

Nueva entrevista

Mañana domingo publicaremos las mismas preguntas y las respuestas dadas por la candidata del PSdeG-PSOE, a la alcaldía de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez.