{"id":32003,"date":"2020-11-28T22:53:19","date_gmt":"2020-11-28T21:53:19","guid":{"rendered":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/?p=32003"},"modified":"2020-11-28T22:53:21","modified_gmt":"2020-11-28T21:53:21","slug":"la-asociacion-de-celadores-galegos-aceg-rechaza-el-plan-de-contingencias-de-la-covid-19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/la-asociacion-de-celadores-galegos-aceg-rechaza-el-plan-de-contingencias-de-la-covid-19","title":{"rendered":"La Asociaci\u00f3n de celadores galegos (ACEG) rechaza el Plan de contingencias de la Covid-19"},"content":{"rendered":"\n

Desde la Asociaci\u00f3n de celadores\/as galegos<\/strong> (ACEG) vienen de manifestar su preocupaci\u00f3n por el hecho de ser excluidos, como celadores y celadoras, de las medidas recogidas en el ‘Plan de contingencia en materia de recursos humanos Covid-19’ <\/strong>elaborado por la Direcci\u00f3n Xeral de Recursos Humanos del Servizo Galego de Sa\u00fade<\/strong>. \u00abA falta dunha explicaci\u00f3n que nos xustifique ou corrixa esta situaci\u00f3n, facemos p\u00fablica a nosa opini\u00f3n\u00bb:<\/p>\n\n\n\n

A situaci\u00f3n de emerxencia e crise sanitaria deste 2020, motivada polo Covid-19, provocou que o persoal que traballamos na sanidade p\u00fablica tiv\u00e9semos que asumir medidas excepcionais para facer fronte a esta pandemia.<\/p>\n\n\n\n

Neste sentido, os celadores e celadoras non fomos considerados, nun primeiro momento, como persoal de risco, v\u00e9ndonos obrigados\/as a traballar sen as medidas de seguridade m\u00e1is elementais, a pesar de compartir os mesmos riscos que o persoal sanitario.<\/p>\n\n\n\n

Co tempo, esta situaci\u00f3n mellorou algo, aumentaron os medios de protecci\u00f3n e conseguimos que se nos reco\u00f1ecera como persoal de risco fronte o Covid-19.<\/p>\n\n\n\n

Atop\u00e1monos, neste momento, nunha segunda ola da pandemia, con centos de persoas infectadas a diario e ducias delas falecidas, polo que seguimos padecendo unha situaci\u00f3n sanitaria grave que nos obriga a seguir asumindo as medidas excepcionais que se est\u00e1n aplicando a todo o persoal sanitario.<\/p>\n\n\n\n

Como consecuencia desta situaci\u00f3n, a Direcci\u00f3n Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Sa\u00fade aprobou na Mesa Sectorial celebrada o pasado 25 de novembro un ‘Plan de continxencia en materia de recursos humanos Covid-19’. Este plan contempla medidas tendentes a \u00abincrementar o n\u00famero de aspirantes realmente dispo\u00f1\u00edbeis nas listas de selecci\u00f3n temporal nas categor\u00edas deficitarias (m\u00e9dico\/a de familia, pediatra AP, m\u00e9dico\/a de urxencias hospitalarias, matr\u00f3n\/a, TCAE), co obxecto de dar adecuada resposta \u00e1s necesidades asistenciais\u00bb.<\/p>\n\n\n\n

Como se pode apreciar, na categor\u00eda de deficitarias non se contempla aos celadores e celadoras, quedando exclu\u00eddos desta consideraci\u00f3n e reco\u00f1ecemento e, o que \u00e9 m\u00e1is inxusto, dos pos\u00edbeis medios e incentivos profesionais para mellorar a nosa formaci\u00f3n e colaborar as\u00ed nunha mellor asistencia sanitaria \u00e1 sociedade galega.<\/p>\n\n\n\n

\"\"<\/figure>\n\n\n\n

O colectivo de celadores\/as non comprendemos por que se nos excl\u00fae e se nos discrimina con respecto ao resto do persoal sanitario. Consideramos que a nosa labor \u00e9 igual de importante e necesaria que a do resto de colectivos sanitarios, m\u00e1xime nun momento no que todos os medios humanos son poucos para combater a pandemia do Covid-19 e atender as necesidades asistenciais do resto de usuarios\/as da sanidade p\u00fablica. Para este fin, ademais, contar con equipas de traballadores\/as da sanidade p\u00fablica que te\u00f1an estabilidade laboral, que estean ben formados e motivados e que traballen de xeito coordinado, \u00e9 fundamental.<\/p>\n\n\n\n

Parece ser que o motivo principal de exclu\u00edr a categor\u00eda de celadores e celadoras deste Plan de continxencia, d\u00e9bese a que somos un colectivo que sempre cubrimos as necesidades sanitarias que nos demanda o Sergas, e fac\u00e9molo, ademais, nas condici\u00f3ns persoais e laborais que m\u00e1is lle interese en cada momento. Polo tanto, a diferencia doutros colectivos, non precisa reco\u00f1ecer e incentivar a nosa vinculaci\u00f3n para dispo\u00f1er dos nosos servizos, porque xa os estamos prestando sen esperar nada a cambio.<\/p>\n\n\n\n

En calquera caso, a pandemia do Covid-19 segue causando estragos na sa\u00fade e na vida de centos de persoas a diario, e ao igual que o persoal sanitario, os celadores e celadoras imos ter que seguir asumindo o traballo, o risco e as consecuencias de loitar contra esta pandemia, sen contar cos recursos e apoios necesarios por parte da direcci\u00f3n do Sergas.<\/p>\n\n\n\n

Por \u00faltimo, dicir que o citado Plan, non ten como obxectivo corrixir os d\u00e9ficit de persoal que padece o Sergas desde hai anos, feito que levamos moito tempo demandando, sen\u00f3n que pretende disimular ou cubrir en parte este d\u00e9ficit, trasladando, unha vez m\u00e1is, aos traballadores do Sergas a labor e a responsabilidade de combater o Covid-19 e atender aos usuarios\/as da sanidade p\u00fablica sen facilitarlles os medios necesarios. No caso dos celadores e celadoras faino, ademais, ignor\u00e1ndonos e discrimin\u00e1ndonos.<\/p>\n\n\n\n

Por este motivo, desde a Asociaci\u00f3n de celadores galegos (ACEG) rexeitamos este ‘Plan de continxencias do Sergas’ e reclamamos que se modifique, para ampliar e mellorar o seu contido e obxectivos, integrar a todas as categor\u00edas do persoal sanitario e non sanitario e dotar ao actual sistema p\u00fablico de sa\u00fade dos recursos suficientes para atender \u00e1s necesidades sanitarias que demanda a sociedade galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"

Desde la Asociaci\u00f3n de celadores\/as galegos (ACEG) vienen de manifestar su preocupaci\u00f3n por el hecho de ser excluidos, como celadores y celadoras, de las medidas recogidas en el ‘Plan de contingencia en materia de recursos humanos Covid-19’ elaborado por la Direcci\u00f3n Xeral de Recursos Humanos del Servizo Galego de Sa\u00fade. \u00abA falta dunha explicaci\u00f3n que […]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":32005,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[27,76,97],"tags":[],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32003"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32003"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32003\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32006,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32003\/revisions\/32006"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/32005"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32003"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32003"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.diariodelemos.es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32003"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}