El Ayuntamiento de Pantón promociona el turismo local con una entrevista a Casa Dulcinea

690
0
Compartir
Publicidad

Casa Dulcinea es una de las 6 Casas de Turismo Rural con las que cuenta el municipio de Pantón, junto con la Casa dos Muros, Rectoral de Castillón, Aira Sacra, Casa da Villa y Casa o Canto da Terra, además de otra docena de viviendas-apartamentos turísticos y hoteles.

Casa Dulcinea se ubica en Panfolía, Espasantes y cumple 18 años de funcionamiento, después que de que sus promotores, Juan Carlos Prado Díaz y Felisa Aguado Martínez, la empezaran a restaurar en el 2003 para abrirla en diciembre del 2004.

Casa Dulcinea é unha das 6 Casas de Turismo Rural coas que conta o municipio de Pantón, xunto coa Casa dos Muros, Rectoral de Castillón, Aira Sacra, Casa da Vila e Casa o Canto da Terra, ademais doutra duca de vivendas-apartamentos turísticos e hoteis.

Casa Dulcinea ubícase en Panfolía, Espasantes e cumpre 18 anos de funcionamento, despois que de que os seus promotores, Juan Carlos Prado Díaz e Felisa Aguado Martínez, a comezaran a restaurar no 2003 para abrila en decembro do 2004.

Esta parella adioba facer o tipo de turismo que logo quixeron converter no seu proxecto, grupos de familias con fillos que se xuntaban cada certo tempo. Viron que había moita demanda deste tipo de turismo e que podían xerar algo.

Juan Carlos e Felisa non son de Pantón, pero quixeron desenvolver o seu proxecto turístico no municipio. Por que escollestes Pantón?

O meu pai é do Barrio, cólleslle agarimo ao sitio, a casa de en fronte era dos meus avós. Xúntaste coa familia e apégaste a isto. Entón comezamos con Casa das Cruces no Barrio, que a abrimos en 2002 como turismo vacacional, era unha casa de tres habitacións e un baño e funcionou moi ben. A casa houbo que ir restaurándoa aos poucos, empezamos para tela as fins de semana para nós e despois decidimos alugala.

E moi pronto todos os esforzos concéntranse en casa Dulcinea, foi complicado o proxecto dunha vivenda de Turismo Rural moito maior que Casa das Cruces?

Era unha casa grande aquí á beira, propiedade dun matrimonio que xa non estaba e que levaba anos abandonada. Na rehabilitación non se alterou nada, mellorouse. Modificouse un pouco o interior para adaptarse aos requirimentos de turismo, reforzáronse vigas e columnas. Pero consérvase todo, o patio ao que entraban co carro e tiñan as cortes e zona de adega para o viño. Aquí había galiñas e coellos, alí os porcos e as vacas, leña alí arriba. Era o sitio da labranza onde eles sacaban as cubas.

Consérvase un pozo que é un manancial e comentan os da aldea que cando se quedaban sen auga viñan aquí por ela. Segue tendo auga, os primeiros anos da casa non había auga pública e utilizábase a do pozo, é auga potable, está analizada. O forno igual, é un forno grande onde viña cocer e asar toda a xente da aldea. Seguimos facendo cordeiro, empanadas,… vai perfectamente.

Casa Dulcinea ten algo da Mancha en Pantón.

O nome vén porque a miña muller é da Mancha e puxémoslle Dulcinea por cambiar dos nomes de aquí un pouco. Por exemplo, as habitacións teñen nomes de capítulos de El Quijote.

18 anos de Casa Dulcinea que empezaron como un investimento, que balance facedes?

Positivo, ata a pandemia moi positivo, da pandemia para aquí xa non é o mesmo. Nós a crise do 2008 non a notamos, agora si. Antes a xente viña por moito tempo ou reservaba con moita antelación, de ano a ano. Desde o 2020 iso acabouse. Unha familia que só viva disto hoxe estao pasando mal, para nós é un complemento.

Cal é o voso cliente máis habitual?

Temos de 3 tipos, o grupo de amigos, o familiar de nais, fillos, avós,… e para despedidas e eventos. O cliente de turismo rural é un cliente preocupado, responsable, sempre procuras tentear á xente para ter a xente tranquila, iso dácho a experiencia.

De onde chega o cliente, cando e por que vías contacta e reserva a casa?

O cliente galego é da tempada de outono e primavera. O cliente de Madrid, Andalucía, Valencia, Cataluña, Portugal …adoita ser de xullo ata setembro e nas pontes longas. Na útlima ponte estiveron de Madrid, está a vir moita xente de Castela León, Salamanca, Valladolid e Asturias.

Internet é por onde nos coñecen e reservan. Agora estamos a terminar de actualizar a web e estamos tamén con Turgalicia, a Federación Galega de Turismo, o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra,…

Que vén buscando o cliente de Turismo Rural?

Veñen buscando tranquilidade e despois van visitar algo. Algunha xente vén moi programada para facer cousas, pero o máis habitual é tranquilidade e gozar da casa. Agora prográmanse máis actividades na zona, pero ao principio a xente viña ao catamarán, as igrexas e pouco máis.

Se o cliente quere saír da casa pide asesoramento para moverse, aquí tiña unha oficina de turismo chea de publicidade que coa pandemia tivemos que retirar, pero saco mapas, informo de adegas, restaurantes, contactos… Pasan 2 horas entre que ensino a casa e falamos cos clientes.

Que recomendades visitar desde Pantón?

O románico, a fervenza de Augacaída, o roteiro polo Miño ata a Cova, o roteiro dos miradoiros de Sober, adegas, que se acheguen a Santo Estevo desde A Barca, as pasarelas do Mao, o catamarán ou barcos máis pequenos segundo se veñen con nenos ou son grupos que van en familia e queren estar sós.