Por Chantada defenderá en el pleno «medidas perante a ofensiva espoliadora eólica»

A su vez demanda transparencia en la LAT Maxal–encoro de Belesar.

627
0
Compartir
Publicidad

Por Chantada defenderá en el próximo pleno de la corporación municipal «medidas perante a ofensiva espoliadora eólica e demanda de transparencia na LAT Maxal–encoro de Belesar».

En concreto Por Chantada propone

1.- A revisión por parte da Xunta do Plano Sectorial Eólico para adaptalo á normativa de Avaliación Ambiental Estratéxica e por parte do Goberno central a incorporación de criterios de sensibilidade ambiental e afección territorial e social na planificación e regulamentación das enerxías renovábeis, particularmente na Lei do Sector Eléctrico e nos Planos de Fomento das Enerxías Renovábeis.

2.- En consecuencia, mentres se procede a esa revisión solicitar da Xunta e do Estado unha moratoria real dos novos proxectos eólicos e dos que actualmente se atopan en tramitación e aínda non foran aprobados.

3.- Modificar a actual Lei Eólica galega e o marco regulatorio estatal para garantir a participación municipal e das comunidades locais nos proxectos eólicos, tanto desde o punto de vista impositivo como de promoción propia e participación no accionariado, favorecendo a coxeneración sobre os grandes proxectos primando a fixación de poboación no interior galego.

4.- Reformar o actual Canon Eólico e o Fondo de Compensación Ambiental para gravar a potencia instalada en lugar do número de muíños e permitir aos concellos a xestión directa do Fondo de Compensación.

5.- Crear unha oficina de información para os concellos e o público en xeral que atenda ás consultas e dúbidas sobre a tramitación administrativa dos proxectos eólicos.

6.- Impulsar desde o Concello de Chantada a contratación dunha empresa que asesore e desenvolva alegacións á LAT Belesar – San Fiz para demandar o seu total soterramento e garantir que o valor das terras e os direitos das persoas afectadas se respeitan.

Foto | Observatorio enerxético de Chantada (OECh).