Compartir
Publicidad

Érguese cedo, o artista é madrugador. Acostuma a tomar o pequeno almorzo no Cafe Bagatela, perto do seu estudio nunha buhardilla da Rúa Areal, mesmo altura da Paellera, o último refuxio, despois de ser pasto das chamas o anterior, ubicado na Finca de Matías en O Calvario.

Durante a súa longa traxectoria, estivo instalado en diferentes luares do territorio vigués, dunha punta e outra da Ría, rúas Escuelas Nieto, López de Neira, Urzaiz, Pizarro, Don Bosco, Camelias, Alcabre, Teis, sen esquecer a época dourada en San Adrian de Cobres ou mesmo en Pontevedra, desde onde partía cada noite para perderse cos amigos en espazos de ocio e tertulia.

Co inesqueciblel Andrés do Barro no Topaz, Rafael Amor no Rincón dos Artistas ou deslocacións ao Charango, para a conversa con Pablo Milanés, Joaquin Sabina ou aqueles que xa non están, Luis Eduardo Aute, Javier Krahe, tamén o amigo e irmán, Suso Vahamonde.

A él. Secundino Diz, sendo ainda un neno convidábano a repicar as campás na «bene vivere», na terra olívica de fartura, 137 canizos, alí onde os pais rexentaban unha panadería, para logo estudiar piano e tocar outros instrumentos que garda no seu espazo, ateigado de numerosos cadros, onde non hai lugar para máis. As armonicas ocupan pouco, un instrumento que o acompaña sempre, durante as andainas por aquí e alen Miño, outra das aficions, inclusive polos Camiños que chegan a Porta Santa, dos que conta con moitos certificados por haber alcanzado a Berenguela.

Por volta do xantar, diríxese cada día ata a terraza do Novo Derby a compartillar mesa e mantel cos amigos, no corazón da cidade, ese espazo culinario rexentado por Eusebio Prado, aqueloutro emprendedor chantadino que chegara a Vigo desde Outeiro de Mariz, eido onde tivera a ilusión noutrora de tocar o saxo ou trompeta, seguindo a estela musical do seu avó e bisavó, fundadores da Banda de Musica de Chantada, soño non feito realidade, decatándose pola hostalaría, a veces ataviado cun mantel estampado con notas do pentagrama, non descoidando cadros as cepas situadas nos socalcos da Ribeira Sacra, abeirando o Miño, mesmo polo Camiño de Inverno o seu paso por Belesar, caldos que tamén escribiu Diz.

Eusbeio leva de nome

Prado Fontao de apelidos

de vocación hostalería entre os fogons e as viñas

bate o mencía entre Muras

nos bancales de Belesar

onde maduran a uvas

antes de vendimar.

Fontao é a súa marquiña

como fonte de viño que mana

do fruto máxico da viña

na Ribeira de Chantada.

Nace o mencía de autor

no idílico paraxe

nace como un señor

no esplendido paisaxe.

Un retrato do restaurador, ataviado coa capa da Irmandade dos Viños Galegosasinado tamén polo autor dos versos, preside a sala de xantar do Novo Derby, onde se poden ollar outras obras saídas do mesmo taller, cadros propiedade dEusebio Pradoadmirador da plástica diziana, pintor chegado a este mundo en San Sebastian hai 90 anos, un día 4 de febreiro e rexistrado en Creciente no 9 do mesmo mes, fillo de Octavia Vázquez e Secundino Diz Prieto, o pai panadeiro, oriundo das terras do Paradanta ou de Covelo, concello que durante a época do mandatario Pepe Costas, o artista, non só percorreu todalas freguesías para trasladalas as acuarelas, senón que lle encargaron a restauración das pinturas do retablo de ánimas policromado do cruceiro, obra do Mestre Cerviño o mesmo canteiro que tallou o de Hío.

Na tertulia, acompañado sempre de «un cubata» debuxa e conversa con uns e con outros, entre eles o editor Bieito Ledo, ourensán de Padroso en Xunqueira de Ambía, por onde transcurren os peregrinos,Vía da Prata e onde existe un -Querqus robur- a quen acaba de inmortalizar a través da súa impronta poetica que titulou -O Carballo das apertas-

En Xunqueira de Ambía

ergue altivo e frondoso

arraigado na fraguía

o carballo do Fragoso

Xeneroso, oferta abrigo

ao peregrino cansino

prestando boa sombra

ao pé do Camiño

apertas recibe o carballo

do camiñante agradecido

pra abrazar o Santiaguiño.

O carballo e meu, di Bieito

tamén e ledo por ser voso

o carballo e de todos

os que pasan Padroso.

Sinte o vello carballo

emocións que non delata

por abrazos que lle dades

na anterga Via da Prata.

  • Un artigo de Manuel Estévez