La Asociación de celadores galegos (ACEG) rechaza el Plan de contingencias de la Covid-19

Se sienten excluidos y discriminados por la Dirección del Sergas

772
0
Compartir
Publicidad

Desde la Asociación de celadores/as galegos (ACEG) vienen de manifestar su preocupación por el hecho de ser excluidos, como celadores y celadoras, de las medidas recogidas en el ‘Plan de contingencia en materia de recursos humanos Covid-19’ elaborado por la Dirección Xeral de Recursos Humanos del Servizo Galego de Saúde. «A falta dunha explicación que nos xustifique ou corrixa esta situación, facemos pública a nosa opinión»:

A situación de emerxencia e crise sanitaria deste 2020, motivada polo Covid-19, provocou que o persoal que traballamos na sanidade pública tivésemos que asumir medidas excepcionais para facer fronte a esta pandemia.

Neste sentido, os celadores e celadoras non fomos considerados, nun primeiro momento, como persoal de risco, véndonos obrigados/as a traballar sen as medidas de seguridade máis elementais, a pesar de compartir os mesmos riscos que o persoal sanitario.

Co tempo, esta situación mellorou algo, aumentaron os medios de protección e conseguimos que se nos recoñecera como persoal de risco fronte o Covid-19.

Atopámonos, neste momento, nunha segunda ola da pandemia, con centos de persoas infectadas a diario e ducias delas falecidas, polo que seguimos padecendo unha situación sanitaria grave que nos obriga a seguir asumindo as medidas excepcionais que se están aplicando a todo o persoal sanitario.

Como consecuencia desta situación, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde aprobou na Mesa Sectorial celebrada o pasado 25 de novembro un ‘Plan de continxencia en materia de recursos humanos Covid-19’. Este plan contempla medidas tendentes a «incrementar o número de aspirantes realmente dispoñíbeis nas listas de selección temporal nas categorías deficitarias (médico/a de familia, pediatra AP, médico/a de urxencias hospitalarias, matrón/a, TCAE), co obxecto de dar adecuada resposta ás necesidades asistenciais».

Como se pode apreciar, na categoría de deficitarias non se contempla aos celadores e celadoras, quedando excluídos desta consideración e recoñecemento e, o que é máis inxusto, dos posíbeis medios e incentivos profesionais para mellorar a nosa formación e colaborar así nunha mellor asistencia sanitaria á sociedade galega.

O colectivo de celadores/as non comprendemos por que se nos exclúe e se nos discrimina con respecto ao resto do persoal sanitario. Consideramos que a nosa labor é igual de importante e necesaria que a do resto de colectivos sanitarios, máxime nun momento no que todos os medios humanos son poucos para combater a pandemia do Covid-19 e atender as necesidades asistenciais do resto de usuarios/as da sanidade pública. Para este fin, ademais, contar con equipas de traballadores/as da sanidade pública que teñan estabilidade laboral, que estean ben formados e motivados e que traballen de xeito coordinado, é fundamental.

Parece ser que o motivo principal de excluír a categoría de celadores e celadoras deste Plan de continxencia, débese a que somos un colectivo que sempre cubrimos as necesidades sanitarias que nos demanda o Sergas, e facémolo, ademais, nas condicións persoais e laborais que máis lle interese en cada momento. Polo tanto, a diferencia doutros colectivos, non precisa recoñecer e incentivar a nosa vinculación para dispoñer dos nosos servizos, porque xa os estamos prestando sen esperar nada a cambio.

En calquera caso, a pandemia do Covid-19 segue causando estragos na saúde e na vida de centos de persoas a diario, e ao igual que o persoal sanitario, os celadores e celadoras imos ter que seguir asumindo o traballo, o risco e as consecuencias de loitar contra esta pandemia, sen contar cos recursos e apoios necesarios por parte da dirección do Sergas.

Por último, dicir que o citado Plan, non ten como obxectivo corrixir os déficit de persoal que padece o Sergas desde hai anos, feito que levamos moito tempo demandando, senón que pretende disimular ou cubrir en parte este déficit, trasladando, unha vez máis, aos traballadores do Sergas a labor e a responsabilidade de combater o Covid-19 e atender aos usuarios/as da sanidade pública sen facilitarlles os medios necesarios. No caso dos celadores e celadoras faino, ademais, ignorándonos e discriminándonos.

Por este motivo, desde a Asociación de celadores galegos (ACEG) rexeitamos este ‘Plan de continxencias do Sergas’ e reclamamos que se modifique, para ampliar e mellorar o seu contido e obxectivos, integrar a todas as categorías do persoal sanitario e non sanitario e dotar ao actual sistema público de saúde dos recursos suficientes para atender ás necesidades sanitarias que demanda a sociedade galega.