Compartir
Publicidad

Las/os niñas/os del CPI Poeta Uxio Novoreira de O Courel, realizaron una entrevista a todas/os las/os candidatas/os a presidir el ayuntamiento de Folgoso do Courel, para incorporar sus once preguntas y sus once respuestas a un cuestionario denominado: Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel?, dentro del epígrafe; Entrevistas para @s Polític@s. Hoy reproducimos la realizada a la candidata por el PSdeG-PSOE, a la alcaldía de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez -en la imagen- ruteando por O Courel.

Pregunta: Que proposta tedes por aumentar os postos de traballo no Courel e deminuir o desemprego?

Respuesta: Deberíase de fomentar o sector primario con creación de IXPs ou denominacións de orixe, existen productos de gran calidade da zona como pode ser as castañas, o mel, a carne, setas…Estes productos non teñen unha distinción especial polo seu tipo de producción e calidade. Para esto sería interesante unha industria transformadora de estos alimentos e poder comercializalos cunha marca propia. Tamén será significativo un asesoramento con novos cultivos como por exemplo os arandos ou outras froitas que poidan supor un ingreso extra anual importante para as familias. A istas propostas hai que engadir unha remodelación dos soutos, tratar de distinguir e mellorar as variedades usadas na producción de castaña e tratar de que se pague un prezo xusto polos productos que se poden sacar dos soutos.

Ademáis será necesario xestionar e poñer a funcionar os montes comunais e facelos productivos para que a un medio-longo prazo podan proporcionar postos de emprego e rendibilidade os veciños.

Outro punto importante a nivel municipal e axudar cas subvencións que dan as principais administracións, axudando os veciños a emprender, e que contraten de forma directa e indirecta a outros veciños. Outra proposta sería a creación de unha Bolsa de emprego para que os veciños podan optar a diferentes postos de traballo que o Concello ofreza.

Tamén se debería de promocionar o turismo, tratando de acondicionar os lugares de forma que resulte moito máis doado facer actividades dentro da Serra e que de esta forma exista un incremento do gasto dos turistas nos diferentes negocios da zona

Pregunta: Que debe facer o Concello para dar facilidades @s autónom@s e Pymes?

Respuesta: Debería de buscar unha reducción de impostos, de forma que tanto autónomos coma Pymes podan tributar menos e polo tanto tratar de xerar emprego dentro (podía ser un Concello libre de impostos).

Pregunta: Que facilidades debe dar a administración para que se asenté xente no Courel?

Respuesta: Sería importante en primeiro lugar localizar as casas e terras en venda e aluguer para que calquera persoa poda atopar un lugar. Fomentar plans de emprego e incentivar propostas que axuden a que a xente poda desarrollar as súas actividades coma en calquer outro punto do país. Para iso tamen son necesarias boas comunicaciones. (estradas, internet, telefonía…)

Pregunta: Cales son as vosas prioridades a hora de gobernar?

Respuesta: A primeira prioridade e o benestar das persoas que viven no Concello, ademáis de invertir o despoboamento da zona e o coidado do medio natural e patrimonio histórico.

Pregunta: Que pensas que debería facer a administración polo rural e pola montaña en concreto?

Respuesta: Debería ter en conta as características especiais de este tipo de lugares que fan moito máis difícil certas actividades e poder compensalas para que a vida non sexa máis difícil que noutras zonas do redor (Concello libre de impostos).

Pregunta: Por que non vives no Courel?

Respuesta: Antes de marchar fora intentei buscar traballo aquí, (de feito presenteime a praza de Auxiliar do Concello) pero por diversos motivos non conseguín ningún posto e tiven que ir buscalo fóra. Actualmente vivir aquí suporíame moito máis tempo e gasto polos desprazamentos diarios cara o meu traballo. Teria que viaxar todos os días duas horas e media mínimo.

Pregunta: Volverás vivir aquí?

Respuesta: Sí. De feito arranxei a casa no Courel, a que veño todos os fines de semana e pola semana cando poido.

Pregunta: Que servizos botas en falta no Courel?

Respuesta: Boto en falta un médico 24 horas e dous médicos atendendo durante o día os dous centros de saúde, boto en falta ter unhas vías de comunicación seguras respetuosas ca paisaxe. Sería importante que os rapaces e rapazas poiderades dispoñer de diferentes actividades extraescolares e poder aprender a bailar, tocar un instrumento ou facer calquer deporte sen ter que desplazarvos do Concello. Gustaríame moito que poda chegar o día no que houbera suficientes alumnos para poder ter o bacharelato e algúns ciclos e que non tiverades que marchar para completar os estudos.

Pregunta: Para cando unha senda todo ó longo do río Lor (ou polo menos dende Ponte dos Sudríos ata Froxán? E unha piscina climatizada?

Respuesta: Dende o meu punto de vista persoal a curto prazo sería interesante reestabrecer a ruta do Lor, unha ruta aberta pola asociación Santo Grial fai uns anos dende o nacemento do Lor ata a súa desembocadura. Esta ruta non vai todo o tempo o carón do río pero cruzase e vai paralela con él (Áctualmente e transitable só nalgúns tramos que son desbrozados pola asociación de Desenvolvemento Rural da Serra do Courel, Fonte do Milagro, e das administración e algún veciñ@). A creación da senda pode ser algo máis complexo a curto prazo, ainda que existen algunhas sendas por onde transitan maioritariamente os pescadores hay lugares nos que en inverno pode ser perigoso ou intransitable e precisaríanse de pontes para esquivar as barreiras naturais.

A piscina tamén e importante para que os rapaces podades comezar e perfeccionar a nadar, sería proveitoso para a comunidade poder dispor de un complexo con piscina climatizada cun spa e unha piscina exterior para os meses máis cálidos, de esta forma poderíana aproveitar todos os sectores da población do lugar. Hay que coñecer a financiación que se podería obter das diversas administracións e tratar de facela o máis completa posible, así coma un microbus ou autobús que poda trasladar as persoas cara a piscina para que poidan disfrutar dela. En canto podiase, chegar a un acordó con algunha piscina xa esistente no Courel.

Pregunta: En que debería invertir a administración para mellorar O Courel?

Respuesta: Creo que a administración debería de invertir na atención sanitaria, a mellora das infraestrucuturas coma as carreteras e en medidas que frenen o despoboamento. Mellorar servizos como o internet e a telefonía mobil e unha mellor atención as persoas maiores para que non teñan que abandoar o municipio o non poder valerse por si mesmas (antes emigraron para traballar e agora emigran para morrer). Tamén e importante que invirtan no medio natural e o turismo sostible, na recuperación e excavación do patrimonio arqueolóxico e unha mellora de servizos sociais, actividades culturais e no fomento do deporte o aire libre.

Pregunta: Que tería que ofrecer o Courel para que viñera xente aquí.

Respuesta: O Courel debería de ofrecer uns servizos básicos de calidade, para que isto non freara a calquer persoa a decisión de poder vir vivir aquí. Outro punto importante e que estas persoas podan atopar un traballo digno e estable para poder permanecer e vivir dunha forma cómoda.

«Grazas os alunn@s do Concello do Courel, por darme a oportunidade de compartir os meus pensamentos que creo que poden mellorar as nosas vidas espero poder traballar para que vós podades decidir se queredes permanecer aquí e non ter que emigrar para poder traballar no que vos gusta», remata Carmen Álvarez

El PP se lo sigue pensando

Este diario digital se puso en contacto en el día de ayer con la alcaldesa Dolores Castro, (Partido Popular) para pedirle que nos enviase su ‘entrevista’ pero muy amablemente nos contestó que ‘se lo pensaría’. A día de hoy, a esta hora, se lo debe seguir pensando por que a este medio de comunicación no llegó nada.

Ciudadanos

Respecto al candidato de Ciudadanos, que también aparece en el cuestionario, Diario de Lemos, intentó ponerse en contacto con él pero el resultado fue, sin éxito.

Cinco coincidencias

Por último, señalar -según el cuestionario, página 30 a la 35- que todos los partidos (PP-PSOE-C@urel Vivo-PDDG-Ciudadanos) coinciden en cinco de las once respuestas (por otro lado contempladas en sus programas): Axuda a domicilio; Mellores impostos; Senda ó longo do río Lor; Médico 24 horasMelloras das estradas (quitamedos) para O Courel.