Vecinos de O Incio rinden «unha sinxela homenaxe» a la residencia de mayores

779
0
Compartir
Publicidad

Esta mañana un nutrido grupo de vecinos de O Incio, en colaboración con el Ayuntamiento, mostró su apoyo a los residentes y trabajadores de la residencia de mayores de la localidad, duramente castigada por un brote de la Covid-19 que ha causado el fallecimiento de veintiuna personas y decenas de trabajadores contagiados, con la lectura de un manifiesto, tras el que efectuaron un atronador aplauso.

La escritora Marica Campo, natural del municipio, fue la encargada de leer el manifiesto de apoyo bajo el lema ‘Chamando pola primavera’, cuyo texto reproducimos:

«Bo día!

As veciñas e veciños do Incio, coa colaboración do Concello, estamos hoxe aquí para render unha sinxela homenaxe de agradecemento e solidariedade ás persoas residentes neste centro de maiores e a cantos e cantas desenvolven distintas funcións dentro dela.

Antes de nada, un recordo sentido aos que xa non están. As nosas condolencias ás súas familias e a esta outra, a constituída polos usuarios e traballadores da residencia.

A morte, ben se sabe, é lei de vida , tan natural como a vida mesma. Xa dixo o poeta grego Homero, hai vinte e oito séculos, que a liñaxe dos homes (e mulleres) é como a das follas das árbores, bótaas o vento ao chan, o bosque vizoso fai nacer outras e sobreviven na estación da primavera”.

Nós vimos aquí invocar a primavera para vostedes e para nós. As galegas e galegos sabemos que o outono tamén a ten, por iso falamos da primavera do outono, unha época de plenitude e rexurdimento da terra tras o verán. Non é, xa que logo, privativa da xente nova. As persoas de idade tamén somos donas dela, tamén temos dereito a aspirar á primavera.

Por iso debemos chamala para que veña. A lingua que ela mellor entende é a da alegría, o optimismo e a esperanza, que á fin é a única que trae consigo a forza precisa para seguirmos camiñando. Diso saben moito os mariñeiros que, no medio da tempestade, non esquecen que a vela aguanta se o corazón canta.

E, xa que falamos de forza, non podemos esquecer que a forza dos pobos radica na súa unidade. Como cantaba o grupo chileno Quilpayún: “O pobo unido xamais será vencido”.

Aquí está o do Incio, unido, para dicirlles que, aínda que estean confinados, acompáñaos o noso recordo continuo e o máis sincero desexo de saúde. Porque os necesitamos e os queremos, aínda que non os poidamos nomear un a un, unha a unha. E porque temos unha débeda con vostedes por canto loitaron en tempos ben difíciles.

Ademais, non existe futuro sen a memoria de nós que as persoas maiores gardan e representan.

Esta Terra Brava, como a chamou Fole, que tanta riqueza natural e humana encerra, aínda que ten unha poboación envellecida, ha rexurdir, inxectada de sangue novo, porque por iso loita e así o merece. Moitos non o saben, mais cando o descubran non quererán saír de aquí. De aquí, onde ninguén é estranxeiro se decide compartir con nós o seu desexo de vivir en paz e harmonía consigo, cos outros e coa natureza.

Reiteramos o noso agradecemento e apoio aos traballadores e traballadoras desta residencia e, como queira que foron e son heroes sen aplausos, traémoslles os nosos cargados de admiración e cariño. Mais non abonda con iso. Cómpre reivindicarmos dos poderes públicos máis recursos. O persoal deste tipo de centros non debe verse obrigado a facer xornadas esgotadoras para manter a calidade dos servizos. As persoas maiores, como os nenos, son material sensíbel e precísase unha paciencia e delicadeza incompatíbeis coa sobrecarga de traballo. É de xustiza coidar que non a teñan. Ese é o mellor recoñecemento ao seu traballo.

Graciñas».

GALERÍA DE FOTOS: Haz clic sobre las imágenes para ampliarlas